As causas máis habituais polas que unha noticia pode chamar a atención son dúas

 1. O tema é interesante

2. O titular ten erros gramaticais ou léxicos

E na maioría dos casos o que máis se repite é a segunda opción. Hoxe mesmo, saia publicado na portada web –  nun dos principais xornais a nivel estatal- o seguinte titular:  “Cáncer de pulmón en femenino”. ¿Dende cando unha enfermidade, neste  caso o cancro, ten sexo?

Sen profundizar nos contidos, sabemos que non só os homes son fumadores activos, entre as mulleres hai de todo. É dicir, mulleres ou homes (ou viceversa) que fumen serán víctimas do tabaco. Sen máis.

Entón… ¿Realmente, é necesario facer unha diferenciación deste tipo? Habería mil formas de “titular” este artigo sen ter que  botar man do  “Caixón Xénero”, ao que todo o mundo acude antes ou despois.

Parece que na baralla dalgunha xente, “o comodín” segue a ser a muller, ¿aínda lles quedarán máis partidas por xogar?

Compartir

Tamara G. Lema

Ha dirigido el desarrollo del universo "Calcetin(e)s". Actualmente compagina su participación en Máscaras con un nuevo proyecto personal.