Outra, de area

¿A quén vai dirixida A Axenda Cidadana de Ciencia e Innovación? ¿Cómo están a Sensibilizar? ¿Cales son os beneficios? ¿Quén vai a executar estes retos?, e, ¿Cando van a comezar?

Vivimos na sociedade do individualismo e egoísmo, na que o procomún non debe existir e, na que impera un futuro restrictivo e propietario.

Afirmar que: “a busca do coñecemento para avanzar conxuntamente é un dos piares da cultura europea” e que as debilidades e desafíos de Europa van a ser pescudadas a través da creatividade, a innovación ou o espírito emprendedor é unha verdade moi relativa, pero da que agora non imos a afondar, xa que prefiro centrarme nas mulleres que participaron na Axenda.

En 2009, Tendencias 21 informábanos que «só o 30% do persoal científico europeo son mulleres«, o que aplicado aos participantes da Axenda, daría 4,2 mulleres. É dicir, no 2010 conseguiuse un 0,8 máis de muller científica!

Pero ao mellor aínda estaba por chegar cos resultados das votacións, o reto máis valorado foi o da empresaria pioneira dos mercados enerxéticos, Paulina Beato, cun 14% dos votos e respalada no 4º lugarpor Margarita Salas cun 9%! Cabe mencionar, que o 2º e 3º lugar o ocupan dous españois, Rafael Matesanz e Javier Tejada. Será, que  para chegar á Ciencia, ¿Hai que recorrer o camiño da con-ciencia?.

Na web do CSIC, no apartado de Mulleres e Ciencia indícannos que aumentou o número de:

–    Profesoras de investigación, que acada o 22% e se aproxima ao obxectivo de acadar o 25% ao rematar 2010

–    Investigadoras científicas, que chegan ao 32% e se aproxima a media da plantilla, que é o 34%

–    Científicas titulares, que superan a barreira do 40%

Datos moi alentadores pero “pouco importantes” para que Europa os destaque. De todos xeitos, segue sendo preocupante que 85% dos Premios Nobel de Ciencias os gañen persoas que investigan en Estados Unidos, “e cuxas procedencias soen ser doutros países”.

Compartir

Tamara G. Lema

Ha dirigido el desarrollo del universo "Calcetin(e)s". Actualmente compagina su participación en Máscaras con un nuevo proyecto personal.